Publicador de contidos
Publicador de contidos

As pernoitas hostaleiras aumentan en toda Galicia no mes de setembro

As pernoitas hostaleiras aumentan en toda Galicia no mes de setembro

Medraron un 3,16 % ata superar o millón cen mil pernoitas 

G24.gal 23/10/2023 21:22 Última actualización 23/10/2023 22:31
Setembro foi un mes bo para o sector hostaleiro como agardaban despois dun verán moi bo. A meteoroloxía acompañou e as pernoitas hostaleiras medraron un 3,16 % en todo Galicia, ata chegar a superar o millón cen mil. O sector cre que é o resultado de traballar na desestacionalización malia os problemas que apunta en contra desde o Clúster Turismo de Galicia o seu presidente Cesáreo Pardal.
 

"Tratar de desestacionalizar non é fácil porque hai unha descoordinación aeroportuaria, non hai voos que cheguen aos tres aeroportos galegos, son insuficientes as conexións de AVE, nalgunha cidades non hai taxistas para atender os clientes".

As provincias atlánticas levaron a palma xa que son tamén as que dispoñen de maior número de prazas como indica o secretario do Clúster César Ballesteros.
 

"Moitas veces non se sabe se veñen por motivos de vacacións ou xa está vindo xente en setembro por motivos laborais".

En total foi un 4,61 % máis de viaxeiros, case 600.000, os que decidiron durmir algunha noite nun hotel ou pensión galegos, á falta dos datos de turismo rural, albergues ou cámpings. En cifras, hoteis e pensións ingresaron 48 millóns de euros.
 

"Oxalá viñeran menos turistas pero que gastasen tres veces máis, cómpre seguir traballando para que o turista que vén a Galicia faga maior gasto, que ultimamente está diminuíndo".

Cren que o turismo sostible é unha das súas bazas máis importantes. O turismo en Galicia xera xa entre o 12 e o 13 % do Produto Interior Bruto da comunidade autónoma.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos