Publicador de contidos
Publicador de contidos

As reservas de última hora enchen os hoteis en Santiago

As reservas de última hora enchen os hoteis en Santiago

A ponte festiva mellora as expectativas do sector hostaleiro para o mes de agosto

Na zona vella de Compostela rozan o cen por cento de ocupación

G24.gal 13/08/2023 14:56 Última actualización 13/08/2023 15:10

"Non temos cuartos libres", responde ao teléfono a encargada do hotel Mapoula de Santiago.

Coas  reservas de última hora encheron os últimos cuartos baleiros neste hotel de Santiago. E é que na capital galega a ponte festiva mellorou as expectativas que manexaba o sector para o mes de agosto. Confiaban en superar o 81 % este mes, pero na zona vella da cidade moitos establecementos colgaron xa o cartel de completo.

"Se non están ao cen por cento, moi preto, no noventa moi longo, e a ocupación mantense para todo o mes", di Lupe Señarís. do hotel Mapoula.

Unha marea de visitantes nas rúas e nos bares, camareiros que perderon a conta de cantos cafés puxeron este domingo.

"Non sei, bastantes, non paramos, moita xente", comenta un camareiro


Dende os establecemento falan de estancias máis curtas e unha contención no gasto este verán. Os clientes eloxian a calidade do servizo.

"Si, a relación calidade prezo está ben en comparación co que hai por España".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade