As restricións na auga en Ribadavia complican o traballo en salóns de peiteado ou lavanderías
As restricións na auga en Ribadavia complican o traballo en salóns de peiteado ou lavanderías
Este concello do Ribeiro foi o primeiro en decretar a alerta por seca en Galicia a mediados deste mes
As restricións na subministración de auga supoñen unha dificultade para a vida diaria dos veciños que as padecen, pero complican especialmente o traballo dependendo da actividade que se trate.
É o que está a pasar en Rivadavia. Hai cousas ás que non lles damos valor suficiente ata que nos faltan "Unha amargura estar sen auga". "Non teñen máis remedio que facer os cortes de auga porque o depósito non dá". "Levo todo o mes sen auga". "Estámolo levando con paciencia", comentan os veciños a Televisión de Galicia.
Pois con especial paciencia teñen que afrontar en Rivadavia a situación en determinados negocios para seguir en activo. Salóns de peiteado que empregan garrafas para enxugar as cabezas.
María Belén, que ten un salón de beleza, ten que tirar de enxeño para atender os clientes. Cóntanos que ten que encher barreños porque as horas ás que o concello subministra auga non coinciden co horario da clientela.
Que dicir dun negocio coma unha lavandería: sen auga! En Ribadabia volveron os tempos de ir buscar auga ás fontes. Tamén aos depósitos de auga que o concello de Ribadavia distribuíu por varios puntos do municipio.
E polo demais apañarse con catro horas de subministración ao día. "Ao mediodia e á noite imos saíndo do paso", di con resignación un veciño.
Ribadavia foi o primeiro concello galego en decretar a alerta por seca a mediados deste mes.