As Rías Baixas e o Val Miñor en alerta amarela por altas temperaturas
As Rías Baixas e o Val Miñor en alerta amarela por altas temperaturas
Nas Rías Baixas e o Val Miñor permanecerá activada esta tarde a alerta amarela por altas temperaturas. Segundo as previsións das axencias meteorolóxicas, as temperaturas chegarán nesta zona da costa galega ata os 35 graos, que se agardan en Vigo e Sanxenxo, ou os 32 de Vilagarcía. Unhas temperaturas que sorprenden a moitos turistas.
"Sempre ves na tele frío, e agora chegas aquí e encontras máis calor que alí".
"Máis de 30 ou 31 graos é moi forte para todos nós, pero é unha calor boa para quentar o corpo".
As mínimas serán tamén moi altas. En Nigrán os termómetros non baixarán dos 21 graos durante toda a xornada e dos 19 en Cangas do Morrazo.
"Hai que aproveitar á primeira hora, porque despois a verdade é que aperta moito e non é nada agradable camiñar con esta calor".
"E ímolo levando, como son poucos días. Porque isto está así, pero ao mellor dentro de tres días xa vén unha néboa, xa refresca e xa está".
As predicións a medio prazo para esta zona non anticipan modificacións bruscas e o bo tempo manterase nos próximos días.