Cargando resultados...
As tabernas-ultramarinos do rural corren o risco de desaparecer
As tabernas-ultramarinos do rural corren o risco de desaparecer
Cada ano desaparecen ducias destes negocios pola falta de remuda xeracional
A súa función vólvese case imprescindible nas contornas do rural máis afastadas
Taberna Mosqueiro na localidade coruñesa de Vedra.
07/05/2022 15:30
Poucos negocios reflicten a esencia de Galicia como as tabernas-ultramarinos do rural. Espazos que acollen unha chea de funcións para atender a demanda de moitos veciños que viven afastados dos grandes núcleos de poboación.
A pandemia deulle un pulo ao rural de maneira indirecta e moitos ven novas oportunidades para sacar adiante tabernas e tendas, mesmo mantendo a esencia orixinal.
Pero a falla de remuda xeracional bota o peche a centos de establecementos cada ano que hoxe queremos poñer en valor.