Publicador de contidos
Publicador de contidos

As urxencias reducíronse nun 21 % tras o pico da gripe A

As urxencias reducíronse nun 21 % tras o pico da gripe A

Nos momentos máis críticos suspendéronse cirurxías e houbo que cambiar consultas externas

G24.gal 13/01/2024 14:29 Última actualización 13/01/2024 15:12

As urxencias reducíronse nun 21 % en Galicia na última semana e os hospitais volven á normalidade, segundo os responsables do propio servizo.

"Nestes momentos, desde a semana pasada estamos observando un descenso tanto no número de casos declarados coma en pacientes que demandan asistencia tanto en atención primaria coma en urxencias. Baixamos aproximadamente un 21 % e baixamos tamén a taxa de positividade, sobre todo de gripe A, que foi o que máis tivemos en Galicia", asegura Maite Maza, xefa de urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro.

O persoal de urxencias acolle con cautela a baixada de pacientes nestes días. Despois de semanas moi complicadas por mor da gripe A, contemplan a posibilidade de que a gripe común ocasione algún novo pico de contaxios.

"Non sabemos se o pico, que este ano foi moi pronunciado efectivamente está descendendo ou se se vai comportar de maneira bimodal, é dicir, que primeiro hai un pico que baixa e despois volve haber un segundo, moitas veces con gripe B. Este ano tivemos moi pouca gripe B e houbo menos sincitial que outras veces, pero temos que ver, igual que estabamos preocupados polas festividades do Nadal coas reunións familiares e temos que ver que pasa cos colexios", explica Maite Maza.

Recoñecen que houbo días en decembro coas urxencias ao bordo do colapso, o que obrigou a atrasar cirurxías e consultas. Din que foron xornadas nas que atenderon un 30 % de pacientes máis que o ano anterior.

"Nós en Vigo tivemos, afortunadamente só a primeira semana de xaneiro que suspender cirurxía non urxente e a que non ten prioridade un e agora estamos recuperando a actividade normal, pero isto ten repercusións na saúde dos cidadáns noutros ámbitos, cancélanse consultas, pospóñense cirurxías, entón resolver isto rápido favorece que se volva á normalidade (...). Tivemos días despois das festividades, coma o 26 de decembro ou como despois da ponte de decembro ou como o 2 de xaneiro que foron de récord en todos os hospitais galegos"

A incidencia da covid mantense estable dende o verán: hai 125 persoas ingresadas en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade