Publicador de contidos
Publicador de contidos

As varices e outras doenzas vasculares poden tratarse con balneoterapia

As varices e outras doenzas vasculares poden tratarse con balneoterapia

A Arnoia acolle unhas xornadas para difundir entre os estudantes de medicina os beneficios das augas termais

G24.gal 17/09/2022 18:16 Última actualización 17/09/2022 20:01

As varices e os edemas, que afectan a un 70 % das mulleres maiores de 70 anos, poden tratarse con augas termais. Segundo estudos realizados neste eido, contan con propiedades terapéuticas que permiten reducir a dor sen necesidade de tomar tantos fármacos.  

Para difundir esta práctica, as termas da Arnoia acollen unhas xornadas sobre balneoterapia destinadas a estudantes de medicina. Ademais de asistiren aos relatorios, participan en talleres prácticos onde coñecen de primeira man a aplicación destas técnicas.

Un cento de persoas participan neste encontro que desenvolve a Axencia de Turismo de Galicia en colaboración coa Asociación de Balnearios e a Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo, aseguran, é mellorar a calidade de vida das pacientes.      

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos