Publicador de contidos
Publicador de contidos

ASAJA: "O presidente do Goberno aínda non deu a cara co sector agrario"

ASAJA: "O presidente do Goberno aínda non deu a cara co sector agrario"

O secretario de Organización da Asociación Agraria de Jóvenes Agricultores di que seguirán coas protestas "ata que haxa solucións"

Juan José Álvarez di que agarda que na xuntanza do luns dos ministros de Agricultura da UE se "simplifiquen os trámites burocráticos"

G24.gal 24/02/2024 11:47 Última actualización 24/02/2024 12:33

O secretario de Organización de ASAJA (Asociación Agraria Jóvenes Agricultores), Juan José Álvarez, di que bota en falta maior implicación de todo o Goberno na busca de solucións para o sector agrario español.

Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega, Álvarez asegura que non é un problema que só se circunscriba ao Ministerio de Agricultura senón que "é un problema de todo o Goberno e ten que implicarse tamén o presidente do Goberno". 

"É curioso que presidentes de gobernos doutros países están implicados e apoiando o campo e este presidente do Goberno aínda non deu a cara co sector agrario".

Álvarez recoñece "un pequeno avance" nas conversas mantidas co ministro de Agricultura, o único co que ata o de agora tiveron interlocución segundo aseguran. Insisten en que seguirán coas protestas "ata que haxa solucións concretas". 

De cara á reunión este luns dos ministros de Agricultura da Unión Europea, Álvarez di que agarda que sexan "eficientes nesta ocasión" e "simplifiquen os trámites burocráticos" porque asegura que ese "papelame" está esganando ao campo europeo e español. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade