Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ascende a cota de neve nas montañas de Ourense e de Lugo

Ascende a cota de neve nas montañas de Ourense e de Lugo

Arestora pódese transitar con normalidade en toda a rede viaria galega

G24.gal 28/11/2021 08:58

Chegou a neve a Galicia. Caeu, por momentos intensamente, nas zonas de alta montaña de Lugo e Ourense e moitos non quixeron desaproveitar esta primeira oportunidade de gozar da nevarada e facer os primeiros bonecos en familia.

Afectou tamén, aínda que en escasa medida, á circulación polas estradas. Houbo algún problema durante a tarde noite para circular na zona de Pedrafita do Cebreiro, pero arestora xa se pode transitar con normalidade en toda a rede viaria galega.

Sobe a cota

A cota de neve vai ascendendo nas montañas de Lugo e de Ourense e o aviso amarelo xa está desactivado. Este sábado, rexistráronse acumulacións de ata dez centímetros en 24 horas por riba dos 800 metros.

Na estación de Montaña de Manzaneda celebraron a chegada das primeiras folerpas. A temporada de inverno non podía empezar mellor.

As pistas de esquí aínda non están abertas pero hai unha chea de actividades que se poden facer. Nesta fin de semana de estrea, o aloxamento está todo completo

Montaña de Lugo

Nas zonas máis altas da provincia de Lugo, a neve veu acompañada dun frío intenso. Pedrafita do Cebreiro vive a súa segunda folerpada no que vai de outono. Tamén aquí, o manto branco converteuse nun parque de atraccións para todos os públicos.

Nas vindeiras horas a cota vai seguir ascendendo, pero con todo hai que extremar as precaucións na estrada. As vías principais están limpas de neve

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar