Publicador de contidos
Publicador de contidos

Viralízase a imaxe dunha muller maior como a representación de Galicia por unha intelixencia artificial

Viralízase a imaxe dunha muller maior como a representación de Galicia por unha intelixencia artificial

Supostoamente, é a única das 17 comunidades autónomas representada como unha vella

G24.gal 17/03/2023 19:00

As intelixencias artificiais (IA) están revolucionándoo todo. Teñen moitas aplicacións e posibilidades, como asistentes, planificadores e creadores de imaxes cada vez de maior calidade.

E toda esta explosión de popularidade está dando "experimentos" e probas para indagar os límites destas ferramentas e, dende a curiosidade, como "ven o mundo" as IA.

Recentemente fixéronse virais unhas imaxes elaboradas a través da IA Midjourney en que se representaban as comunidades autónomas como mulleres. Estas imaxes partiron dunha iniciativa de xornalistas da sección de tecnoloxía como ABC polo 8M.

Porén, segundo os autores da publicación, esta imaxe de Galicia, que suscitou debae nas redes, non é cousa deles. De feito, onn aparece no artigo orixinal.

Galicia, a única que non é moza

Os autores usaron "tan só tres ou catro palabras" coas que solicitar á ferramenta unha imaxe para cada unha das comunidades autónomas. Con todo, descoñecemos cales son esas palabras nin o procedemento que seguiron  para obter os resultados.

Segundo os memes e os artigos que foron agromando despois, a muller que representa Galicia é a única vella das 17 mulleres que conforman esta listaxe. Porén, esta non está no artigo orixinal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade