Os condenados por violar a menor de Baleira teñen ata o 25 para entrar en prisión
Os condenados por violar a menor de Baleira teñen ata o 25 para entrar en prisión
A nena sufriu abusos entre os sete e os trece anos e quedou embarazada
O 25 de abril é a data tope que teñen para entrar na cadea os tres membros dunha familia de Baleira condenados por abusos sexuais a unha menor.
As violacións cometéranas o cuñado e o concuñado da rapaza alentados pola irmá da vítima. A nena sufrira abusos dende os sete ata os 13 anos. Tras un acordo coa Fiscalía e a acusación particular, van pagar tres anos de prisión.
Aos once anos, a cativa quedou embarazada e volveu quedar en estado aos trece. Segundo a sentenza, levou o período de xestación en total soidade, deu a luz sen apoio familiar e entregou o fillo en adopción. Daquela a pequena deixou de vivir nesa familia.
Os feitos xulgáronse sete anos despois, en xaneiro deste 2023. A veciñanza de Baleira asegura que os dous condenados de aquí aínda este venres andaban pola localidade. O mércores recibiron a notificación de que deben ingresar en Bonxe antes do 25 de abril.
O terceiro acusado, o concuñado da vítima, reside en Castro de Rei. O Xulgado de Paz desta vila é o encargado de entregarlle o aviso.