Cargando resultados...
Un ataque do lobo na Terra Chá deixa un becerro morto e cinco feridos
Un ataque do lobo na Terra Chá deixa un becerro morto e cinco feridos
O propietario dos animais asegura que é o terceiro ataque que sofre nos últimos tres anos
G24.gal
18/08/2022 13:29
En Xermade, no lugar do Capeirón, Bienvenido arrastra os restos do becerro que deixou o lobo para que veña o camión recollelos.
Este é o terceiro ataque que sufriu o seu gando nos últimos tres anos.
Agora vén varias veces ao día para tratar de escorrentar o lobo no caso de que volvese.
Agora Bienvenido está pendente da evolución das feridas dos becerriños atacados.