Ataques do lobo case diarios causan preocupación entre os gandeiros de Cedeira
Ataques do lobo case diarios causan preocupación entre os gandeiros de Cedeira
Os poldros e os becerros son os principais prexudicados
Os gandeiros de Cedeira din estar desesperados polos continuos ataques do lobo. Aseguran que case cada día morre algún animal ou acaba malferido. Denuncian que os ataques obríganos a sacrificar moitas pezas.
Na serra da Capelada aseguran que hai mortes de animais case a diario. Os poldros e os becerros son o seu medio de vida, din, e ademais axudan a evitar incendios na serra. Por iso piden que se controle a poboación dos lobos na zona.
Os ataques do lobo ao gando aumentaron de xeito notorio nos últimos anos. E os becerros están a ser os máis prexudicados.
Isto estalles a ocasionar cuantiosas perdas económicas. Pero non son só os cartos... din que tamén hai moito sufrimento, tanto por parte dos animais coma dos propios gandeiros.
"Quedan malferidos e os veterinarios teñen que acabar de sacrificalos". "Amais teñen moito estrés, sofren abortos...", explica Juan Manuel Tojeiro, gandeiro.
Aseguran que esta situación os enche de impotencia e indefensión. Os expertos, case ao límite, contan que esta presión constante é, cada día, máis complicada de aturar.