Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atascos en Vigo polo arranxo dunha fochanca na Gran Vía

Atascos en Vigo polo arranxo dunha fochanca na Gran Vía

Os colapsos prodúcense no carril ascendente dende a rúa Urzaiz e chegan ata a autoestrada

G24.gal 10/07/2024 16:38

As obras da Gran Vía de Vigo están a poñer a proba a paciencia dos condutores. Os colapsos prodúcense no carril ascendente dende a rúa Urzaiz e chegan ata a autoestrada. 

 "A fochanca abriuse hai dous meses, e dende entón estivo delimitada cun valado. Atópase no medio da calzada, nunha das principais arterias da cidade, e supoñía un perigo para a condución. Realizouse unha reparación preliminar, pero en dous días volveuse abrir o buraco. Unha vez iniciadas as obras definitivas, comezaron os atascos".

Os traballos obrigaron a cortar dous carrís cara á praza de España, que permanecerán pechados durante toda a semana. 

Nos comercios da Gran Vía tamén se queixan dos trastornos das obras. 

O Concello recomenda aos condutores que eviten subir pola Gran Vía e que fagan un rodeo pola rúa Vázquez Varela.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade