Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home que ocupou unha vivenda en Rairiz de Veiga atemoriza os veciños

Un home que ocupou unha vivenda en Rairiz de Veiga atemoriza os veciños

Chegou hai arredor dun ano e, segundo os veciños, non os deixa vivir tranquilos

Xa o denunciaron en repetidas ocasións por danos en casas e vehículos, ameazas e mesmo agresións

G24.gal 03/02/2025 14:15

Tellas rotas no chan, ventás rebentadas, teitos levantados e muros derrubados. A sensación de entrar en Celme é a de estar nunha aldea abandonada, pero sorprende, ao mesmo tempo, ver valados de arame nas casas e cadeados nas portas.

"Atacoume unha vez cun ferro. Fun denunciar e, mentres quedou alá, rompeume cinco ventás con ferros e un tubo na cociña da cheminea que vale de trescentos euros para arriba, sete buratos". "Rompeume a porta da casa, o tractor do rapaz..., ao meu pai rompeulle unha ventá", detallan dous afectados.

Din que hai case un ano que o home, duns cincuenta anos, ocupou ilegalmente unha casa, na aldea de Celme e, desde entón, ten os veciños co medo no corpo. Os de aquí e os de Forxás, a menos de dous quilómetros.

"Rompeu a porta, meteuse dentro... Os donos están en Barcelona e el aí está. Ten luz e todo", explica un dos veciños.

Tamén houbo enfrontamentos cos cazadores do couto, que rexeitan de momento falar á cámara porque están valorando que medidas adoptar. Os veciños teñen medo porque se trata, din, dun home violento que inda por riba, vai armado.

"Calquera hora vén por nós. Anda armado. Fíxolles danos a uns cazadores e marchou cun puñal, aparte dunha barra de ferro e unha machada", lamenta un veciño.

Os servizos sociais do concello de Rairiz tamén están ao tanto da situación. Puxérono en coñecemento da Fiscalía, ante a preocupación de que ocorra algunha desgraza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade