Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa a busca do ancián desaparecido en Rairiz de Veiga

Continúa a busca do ancián desaparecido en Rairiz de Veiga

G24.gal 22/07/2024 14:16

En Rairiz de Veiga continúan buscando o home de 98 anos desaparecido dende a tarde do venres. A súa familia non perde a esperanza de atopalo con vida, pero o tempo xoga na súa contra. Ten perdas de memoria e marchou da casa tras forzar unha cancela que lle tiñan trancada.

Ás oito da mañá deste luns retomábase a busca do ancián desaparecido en Rairiz de Veiga.
Garda Civil e veciños contan hoxe coa axuda das brigadas de incendios para volver rastrexar unha zona con moitísima masa forestal. Pensan que puido ir cara a Filgueiras, a aldea en que naceu.

José ten 98 anos. Sen fillos, vive cuns sobriños en Sabariz dende que deixou de valerse por el só. Empezou a ter perdas de memoria e sempre saía acompañado, pero o venres, nun momento en que quedou só na casa, forzou unha cancela que lle tiñan trancada.

Dende o primeiro momento buscaron polos arredores da vivenda, pero sen rastro. Toda a fin de semana ampliaron o radio ás aldeas lindeiras axudados por unha chea de medios.

José vestía pantalón e chaqueta azul, calzaba zapatillas da casa e levaba un caxato.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade