Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan con vida o home desaparecido en Rairiz de Veiga

Atopan con vida o home desaparecido en Rairiz de Veiga

Unha ambulancia acudiu á zona de Sabariz para atendelo

G24.gal 22/07/2024 19:57 Última actualización 22/07/2024 20:54

Atopan o home de 98 anos desaparecido en Rairiz de Veiga dende a tarde do venres.

Estaba nunha granxa de polos a un quilómetro e medio da súa casa, na zona de Sabariz.

Foi o dono da granxa o que deu con el arredor das sete e media da tarde.

O home estaba consciente pero nun estado moi fráxil. Unha ambulancia acudiu ata o lugar para atendelo.

O home ten perdas de memoria e marchou da casa tras forzar unha cancela que lle tiñan trancada.

Ás oito da mañá deste luns retomábase a busca do ancián.

Dende o primeiro momento buscaron polos arredores da vivenda, pero sen rastro. Toda a fin de semana ampliaron o radio ás aldeas lindeiras axudados por unha chea de medios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade