Atopan con vida e signos de hipotermia a muller desaparecida en Muros

O GES localizou a muller de 74 anos desorientada na estrada das Paxareiras

G24.gal 10/11/2023 19:13

O GES de Muros localizou con vida na tarde deste venres a María Pura Vidal Pérez na estrada das Paxareiras. A muller de Boiro atopábase desaparecida desde este xoves, despois de que fose avistada por última vez na lonxa de Muros xunto cuns amigos.

Fontes do 112 confirman que a muller estaba desorientada e que presentaba signos de hipotermia. Os efectivos de Urxencias Sanitarias 061 achegáronse ata o lugar para asistir a señora de 74 anos.

A Garda Civil da Coruña e o Concello de Boiro prestaron a súa dispoñibilidade para axudar no necesario na busca da muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade