Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan con vida preto da súa casa o home desaparecido en Vilar de Barrio

Atopan con vida preto da súa casa o home desaparecido en Vilar de Barrio

O ancián foi localizado por uns veciños que participaban como voluntarios nos traballos de busca

G24.gal 07/11/2022 13:06 Última actualización 07/11/2022 14:47

Veciños que participaban no operativo de busca atoparon con vida a Delfín, o octoxenario que levaba desaparecido desde o sábado en Vilar de Barrio, nun lugar próximo á súa vivenda, no lugar de Porto.  

Segundo confirman a Europa Press fontes da Garda Civil, foi atopado pasadas as 12:00 deste luns e foi trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) para a súa valoración.  

A voz de alarma pola desapación déraa o sábado ao mediodía un dos familiares do octoxenario. Desde entón, activouse un amplísimo operativo con membros da Garda Civil, de Protección Civil e veciños, entre outros.  

Estaba prevista a saída dun helicóptero da Garda Civil en función das condicións climatolóxicas, aínda que finalmente non fixo falta o seu emprego. Tamén se mobilizaron patrullas con cans do Servizo Cinolóxico e un dos cans chegara a apuntar ao río Arnoia como posible paradoiro do ancián.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade