Atopan morta unha muller no seu domicilio de Xove
Atopan morta unha muller no seu domicilio de Xove
Investigan as causas da morte, pero barállase que puido ser por causas naturais
Un familiar seu avisou o 112-Galicia de que a encontrou no chan
Unha muller duns 40 anos apareceu morta este sábado pola mañá na súa vivenda da parroquia de Penas Agudas en Xove. Foi un familiar quen avisou nunha chamada ao 112-Galicia de que atopou á muller no chan.
Desde a central de emerxencias mobilizaron ao 061. Os sanitarios que se desprazaron ata o domicilio só puideron certificar o seu falecemento. Todo apunta a unha morte por causas naturais, á espera do que determine a autopsia.
Tamén avisaron aos Bombeiros de Viveiro que realizaron medicións de gas para desbotar a posibilidade dunha intoxicación por monóxido de carbono, e as probas descartaron esta posibilidade. O cadáver non presentaba signos de violencia.
Axentes da Garda Civil estiveron no domicilio, onde a muller residía canda outros familiares e fixéronse cargo das investigacións. Ata a vivenda tamén se desprazaron efectivos de Protección Civil e do GES de Cervo.