Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan morto un neno de 6 anos en Xaén xunto a súa nai ferida con cortes nos brazos

Atopan morto un neno de 6 anos en Xaén xunto a súa nai ferida con cortes nos brazos

A Policía Nacional traballa coa hipótese dun intento de suicidio da muller, que antes acabaría coa vida do seu fillo pequeno

Vivenda en que foi atopado o corpo do menor e a súa nai malferida en Xaén (Europa Press).
G24.gal 29/04/2024 10:41 Última actualización 29/04/2024 15:03

Un neno de 6 anos foi atopado morto nunha vivenda de Xaén, en que se achou a súa nai en estado grave con feridas nos brazos causadas con arma branca, nun suceso que apunta a unha tentativa de suicidio.

Segundo informou a Policía Nacional, foi sobre as 9:00 horas deste luns, cando outro fillo, de 17 anos, chamou o 091.

Ao chegaren os axentes á vivenda, situada no barrio da Merced da capital xienense, atoparon o corpo sen vida dun neno de 6 anos e, xunto a el, a súa nai en estado moi grave, polo que foi trasladada a un centro sanitario da cidade.

A Policía Nacional mantén abertas todas as liñas de investigación, pero a hipótese que cobra máis forza é a dun intento de suicidio da muller, que antes acabaría coa vida do seu fillo pequeno.

Fontes da investigación confirmaron que a nai presentaba signos de lesión autolítica; xunto a ela atopouse unha arma branca.

A Policía activou o protocolo xudicial co aviso ao xuíz de instrución, ao forense e aos grupos de Policía Xudicial e Científica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade