Cargando resultados...
Atopan no río Xallas a muller de Dumbría desaparecida hai tres días
Atopan no río Xallas a muller de Dumbría desaparecida hai tres días
O cadáver localizouse no propio concello de Dumbría, a un quilómetro de onde se encontrou co coche da muller
G24.gal
18/03/2024 13:54
Es luns, contra as dez da mañá, localizouse no río Xallas o corpo da muller de Dumbría de 55 anos que estaba desaparecida desde o venres pasado.
O corpo foi atopado nunha marxe do río no propio concello de Dumbría, a un quilómetro de onde se encontrou o coche da muller, na Ponte Olveira, Mazaricos.
Axentes do GEAS da Garda Civil recuperaron o cadáver logo de contactar coa compañía encargada do encoro situado no Xallas para conter o caudal e facilitar o rescate.
A Garda Civil investiga o suceso, á espera de que a autopsia bote luz sobre o sucedido.