Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan no Val de Dubra o cadáver da muller desaparecida en Oroso

Atopan no Val de Dubra o cadáver da muller desaparecida en Oroso

O cadáver apareceu a 20 quilómetros da súa casa 

G24.gal 04/01/2022 22:26

O corpo de María Asunción Cardama apareceu nunha zona de difícil acceso do río Tambre, na parroquia de Portomeiro, en Val do Dubra.

Unha muller que paseaba as súas cadelas foi a que deu a voz de alarma.

 "(o can) ...foi cara o río porque lle gusta moito nadar e eu non quería que se mollara. Vin que había pólas apiladas e quedábame o río bastante abaixo e como non viña achegueime e xa me deu un pálpito, porque vin algo".

María Asunción desapareceu o pasado 5 de decembro da súa casa en Oroso. A súa familia, veciños e equipos de emerxencia buscárona sen descanso durante este tempo. Dende un principio, o rastrexo centrouse na zona do río. Pero o corpo localizouse lonxe do lugar de busca, no mesmo río pero a 20 km da súa casa.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade