Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o cadáver desmembrado dunha muller nunha maleta en Vigo

Atopan o cadáver desmembrado dunha muller nunha maleta en Vigo

Fontes apuntan a que a persoa á que pertencen os restos non faleceu recentemente

Soar onde foi atopada a maleta co cadáver en Vigo (EFE)
G24.gal 22/02/2024 18:56 Última actualización 22/02/2024 21:18

Unha persona achou na tarde deste xoves un cadáver desmembrado dunha muller dentro dunha maleta que levaba meses entre a maleza nun soar na zona de Balaídos, en Vigo.

A Policía Nacional investiga o achado dese cadáver, atopado por un home que paseaba pola zona e que viu no medio dun descampado. Ao achegarse ao vulto percibiu un forte fedor, polo que chamou á Policía.

A valixa apareceu na contorna da rúa Espedrigada, nunha área de Balaídos, e estaba plastificada, aínda que non de calquera xeito, senón cunha máquina como as dos aeroportos.

Unha veciña indicou que a maleta levaba meses no lugar no que apareceu, segundo ela, probablemente dende agosto.

Con respecto á embalaxe, están abertas todas as hipóteses, entre elas, que alguén se achegase a un aeródromo, a embalase e despois se desfixese dela.

O corpo da muller atopouse en avanzado estado de descomposición e abriron dúas vías de identificación: por unha banda, tomáronse mostras de ADN para levar ao laboratorio, co obxectivo de que este venres se poida descubrir a identidade dela. Por outra banda, acometerase a recuperación química, para ver se así se poden recuperar as pegadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade