Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civl investiga se o cadáver que apareceu en Muros é dunha moza desaparecida en Cambre

A Garda Civl investiga se o cadáver que apareceu en Muros é dunha moza desaparecida en Cambre

Efectivos do GES apuntan que podería ter uns 33 anos 

Foi un veciño o que achou o cadáver na beira do mar

Momento en que se levantou o cadáver para trasladalo a facer a autopsia
G24.gal 10/01/2022 17:57 Última actualización 10:15

A Garda Civil investiga se o cadáver achado este luns pola tarde nunha praia do municipio coruñés de Muros corresponde a unha moza de 33 anos cuxa desaparición fora denunciada en Cambre. O corpo non presenta sinais de violencia.

A falecida é unha muller nova, en cuxa identificación se traballa para confirmar se se trata de María de los Ángeles Domínguez Canos, de 33 anos, cuxa desaparición fora denunciada no cuartel de Cambre.

Nunha praia próxima a onde foi achado o corpo apareceu un bolso coa documentación desta persoa e outros efectos persoais, polo que está pendente de realizarse a identificación do corpo.

Dous mozos franceses que están facendo o Erasmus en Galicia atoparon o cadáver na praia de Reimundes, na parroquia de Tal. O corpo estaba na area, a dous metros da auga, e tiña feridas compatibles cunha caída á auga. 

Ata o lugar mobilizáronse efectivos da Garda Civil e da Policía Local, ademais dos servizos sanitarios, que só puideron certificar a súa morte. O xulgado que investiga o caso decretou o segredo das actuacións.

Agora investígase a identidade da falecida e se podería ser a moza desaparecida hai dous días na zona da Coruña. As primeiras hipóteses apuntan a que podería ter uns 33 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade