Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o corpo sen vida da muller desaparecida en Trazo hai cinco días

Atopan o corpo sen vida da muller desaparecida en Trazo hai cinco días

Apareceu nunha zona de eucaliptos no lugar do Rial, a menos dun quilómetro da casa

G24.gal 21/11/2021 18:11

Axentes da Policía Local comunicáronlle ao 112 o achado ao fío das cinco da tarde no lugar do Rial, no concello de Trazo. Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), a falecida estaba nunha zona de eucaliptos, preto da súa casa.

Benedicta Pereiro, de 77 anos, desaparecera o pasado martes. Dende entón, un equipo de busca de ata corenta efectivos rastrexaba unha liña de sete quilómetros que alcanzaba o municipio lindeiro de Tordoia. A muller padecía párkinson e alzhéimer.

No operativo participou a Garda Civil, a Policía Local, persoal do Concello, familiares, a veciñanza, Protección Civil de Oroso, de Santiago de Compostela e do Val do Dubra, e tamén a Unidade de Cans de Rescate de Padrón e a Unidade Operativa de drons da Axega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade