Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o corpo sen vida dun neno de cinco anos en Chiva, Valencia

Atopan o corpo sen vida dun neno de cinco anos en Chiva, Valencia

O cadáver do neno de cinco anos atopouse nunha zona asolagada moi próxima á A-3, ao seu paso polo termo de Chiva

Os labores de busca dos desaparecidos incorporan novos medios tecnolóxicos

Centos de nenos e nenas regresan ás aulas tras a DINA

EFE/ Manuel Bruque
G24.gal 07/11/2024 12:46 Última actualización 07/11/2024 17:56

Efectivos da Garda Civil de Valencia acharon o corpo sen vida dun neno de cinco anos en Chiva. O achado do corpo sen vida do menor tivo lugar este mércores ao mediodía por parte dun can do servizo Cinolóxico da Garda Civil de Valencia.

O cadáver do neno de cinco anos atopouse nunha zona asolagada moi próxima á A-3. Nun primeiro momento informouse de que pertencía a Loriguilla pero, finalmente, confirmouse que era Chiva.

Tras o levantamento do corpo, foi trasladado ata a Cidade da Xustiza de Valencia, onde se lle practicará a autopsia e procederase á súa identificación.

Novos medios tecnolóxicos para buscar desaparecidos

Os labores de busca das persoas aínda desaparecidas incorporan máis medios e teconoloxía para poder dar co seu paradoiro.

"Virá un buque científico e xeorradares para intentar localizar a odosos desparecidos", explica Ángel Víctor Torres,Ministro de Política Territorial.

As sospeitas apuntan a que moitos dos desaparecidos puideron ser arrastrados cara ao mar. O buque oceanografico Ramón Margalef con 14 persoas a bordo despregará todo o seu equipamento nos traballos de localización.  Súmanse así ao labor dos GEAS da Garca Civil que inspeccionan palmo a palmo a zona da Albufeira e a desembocadura do Turia.

Á busca nos barrancos incorporaranse xeorradares que permitirán afinar a localización de posibles corpos que quedaran baixo as capas de lodo. Mentres continúan o traballos de identificación dos corpos. Segundo a última actualización, hai aínda 54 cadáveres por identificar a través das pegadas ou do ADN. As denuncias dos familiares van elevando a cifra de desaparecidos. 

"Se hai un familiar desaparecido teñen que vir á Garda Civil a denuncialo. Esa denuncia facilita o traballo dos equipos de rescate", di un portavoz da Garda Civil.

O dispositivo de medios segue  reforzando os municipios máis afectados. É o caso da Localidade de Chiva, á que se incorporan efectivos da Garda Real.

"A prioridade é que poidan chegar os vehículo e os camións cos materiais máis necesarios e apoiar á poboación en todas as necesaidades que teña", detalla o Sarxento primeiro Galeano.

Necesidades que aínda quedan por cubrir máis dunha semana despois da catástrofe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade