Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan por azar unha necrópole medieval en Castroverde

Atopan por azar unha necrópole medieval en Castroverde

Polo momento apareceron 27 tumbas aliñadas e formando rúas

Poderían ser de persoas con poder militar ou eclesiástico

G24.gal 18/07/2023 20:20 Última actualización 18/07/2023 20:32

Os albaneis que rehabilitaban a casa reitoral decatáronse de que o que atoparon baixo terra podía ter valor histórico.

Pararon a obra, avisaron a Patrimonio e os arqueólogos certificaron que se trata dunha necrópole de comezos da Idade Media.

Polo de agora apareceron 27 tumbas perfectamente aliñadas e formando rúas, o que dá idea de que se trataba dun soterramento de persoas de certa importancia.

Ademais, cren que aparecerán máis soterramentos.

A necrópole está á beira da igrexa e situada no que foi un castro que aínda conserva a croa.

Francisco considera que a aparición das tumbas pode dar pé a que aparezan noutras zonas de Galicia soterramentos colectivos similares e da mesma época se se realizan sondaxes profesionais.

No caso de Castroverde, as primeiras hipóteses apuntan a tumbas de personaxes de poder ben relixioso, ben militar.

A poucos metros da necrópole hai restos do que poden ser minas de ouro que datarían da época romana, pero están aínda sen investigar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade