Atopan unha anciá morta en Trasmiras tras unha explosión na súa vivenda
Atopan unha anciá morta en Trasmiras tras unha explosión na súa vivenda
Os primeiros indicios apuntan a unha posible fuga de gas como causa do suceso
Unha anciá de 93 anos foi atopada morta este luns baixo os cascallos da súa vivenda no concello ourensán de Trasmiras.
Segundo informa o 112 Galicia o suceso produciuse no lugar de Abavides, a onde se desprazaron os servizos sanitarios e de urxencia tras recibir o aviso. Alí localizaron o corpo da muller morta.
🔴 #AXEGAInforma dunha nonaxenaria atopada falecida baixo os escombros no seu domicilio no lugar de #Abavides, en Trasmiras (Ourense). Acudiron os sanitarios, #BombeirosXinzo e a empresa subministradora. Segundo os equipos de emerxencias, podería tratarse dunha explosión de gas. pic.twitter.com/vK1r6FnwfH
— 112Galicia (@112Galicia) November 14, 2022
Segundo os primeiros indicios, todo apunta a que se produciu unha explosión por unha fuga de gas.