Cargando resultados...
Atraca en dúas ocasións unha lavandaría en Brión, na comarca de Santiago
Atraca en dúas ocasións unha lavandaría en Brión, na comarca de Santiago
A Garda Civil detivo un veciño da localidade acusado de roubo con forza
As cámaras de seguridade gravaron a acción delituosa
G24.gal
18/02/2023 10:23
A Garda Civil detivo un veciño de Brión como presunto autor dun delito de roubo con forza. As cámaras de seguridade do local gravárono na allada. O propietario da lavandaría denunciou que hai dúas semanas un varón accedera ao establecemento a plena luz do día.
Entrou ata en dúas ocasións. Armado cunha pata de cabra, forzou a caixa do cambio e levou uns mil euros.
A Garda civil comezou entón unha investigación e conseguiu identificar e deter o presunto autor do roubo. É un veciño de Brión que foi posto a disposición do Xulgado de Santiago.