Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atropela un garda civil nun control, escapa e cando o deteñen dá positivo en alcol e drogas

Atropela un garda civil nun control, escapa e cando o deteñen dá positivo en alcol e drogas

O axente quedou inconsciente na estrada e ingresou grave no hospital da Coruña, onde se recupera

O condutor quedou libre con medidas cautelares tras pasar a disposición xudicial

Imaxe de arquivo dun control Imaxe de arquivo dun control
G24.gal 12/12/2021 22:10

Un axente da Garda Civil do Sector de Tráfico de Galicia resultou ferido de gravidade na madrugada deste domingo tras ser atropelado por un turismo nun control. O condutor deuse á fuga, pero foi localizado e detido.

Os feitos sucederon durante un punto de verificación de alcolemia na N-VI, en Bergondo. O axente deulle o alto a un coche que, conforme a investigación, reduciu a marcha e semellaba que ía frear, pero cando o garda civil se aproximaba acelerou de xeito brusco e atropelouno. Os seus compañeiros non puideron facer nada para evitalo. O condutor fuxiu do lugar pero outras patrullas localizárono nunha das rúas do polígono industrial de Bergondo.

Fixéronlle probas de alcol e drogas e resultaron positivas as dúas. En alcolemia deu unha taxa moi elevada e na da droga, positivo en cocaína.

O axente quedou tendido na estrada inconsciente e con diversas fracturas. Unha ambulancia trasladouno ao hospital da Coruña, onde ingresou con prognóstico reservado.

Liberdade para o condutor

O autor do atropelo pasou a disposición xudicial en Betanzos imputado por catro delitos, dous contra a seguridade viaria, outro por abandono do lugar e outro de lesións por imprudencia grave.

O xuíz deixouno libre con medidas cautelares e terá que ir ao xulgado de xeito periódico. O vehículo presentaba danos compatibles co atropelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade