Cargando resultados...
Aumenta a criminalidade na Coruña
Aumenta a criminalidade na Coruña
Os delitos incrementáronse en 2021 un 36 % con respecto ao ano anterior
Piden que volva a policía de barrio
G24.gal
23/02/2022 14:18
Durante o ano pasado rexistráronse na Coruña un total de 12.873 delitos, o que supón un aumento do case 36 % respecto ao 2020, un ano marcado pola pandemia e o confinamento.
Segundo datos do Ministerio do Interior, na cidade herculina contabilizáronse 284 roubos con violencia e intimidación, 98 máis ca no 2020. Os roubos con forza en domicilios e establecementos incrementáronse nun 38 %. Unhas cifras que deixan na rúa unha sensación de inseguridade.
Os coruñeses cualifican este problema como grave e esixen que volva a policía de barrio.