Aumenta o número de voos internacionais nos aeroportos galegos
Aumenta o número de voos internacionais nos aeroportos galegos
Amplíase a oferta turística con voos chárter a Exipto, Croacia ou Eslovenia
Increméntanse os voos internacionais regulares a destinos como Suíza ou o Reino Unido
O tráfico aéreo nos aeroportos galegos continúa en aumento: vacacións familiares e de grupos de amigos, regreso de peregrinos, emigrantes que volven no verán e mocidade que vai aprender inglés ao estranxeiro. Son os perfís que requiren de novos voos internacionais de forma regular, 14 en total.
"Vou a Inglaterra aprender inglés durante un mes con outro grupo de nenos", conta unha adolescente.
"Agora estamos esperando para coller un voo a París porque imos de Interrail", asegura un grupo de rapaces que saen con atraso.
O aeroporto Rosalía de Castro rexistrou este mes pasado o mellor mes de xuño da súa historia, con 346.200 pasaxeiros. Agárdase que nestes dous meses de verán acade novas marcas tamén grazas ao turismo nacional que chega a Galicia.
"Somo un grupo de amigas de Gran Canarias e vimos á festa do polbo de Mugardos. Chegamos o venres e xa nos imos".
"Viñemos de despedida de solteira un grupo de amigas. Estivemos en Arzúa nun festival, con comida moi boa e moi simpático todo o mundo".
Como destinos menos habituais, os galegos teremos este verán voos chárter directos a Croacia, Exipto, Albania, Eslovenia, Cabo Verde ou Madeira.