Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medra o uso das máscaras FFP2 e FFP3 polo aumento da transmisión do virus

Medra o uso das máscaras FFP2 e FFP3 polo aumento da transmisión do virus

Tamén é importante a ventilación dos locais e a distancia social

A FFP3 está indicada para persoas vulnerables e usos profesionais

G24.gal 09/01/2022 21:38

A alta transmisión que trouxo a variante ómicron fixo aumentar o uso de máscaras con maior eficacia de filtración, sobre todo en interiores.

A FFP2 é unha ferramenta de protección axeitada pero a comunidade científica insiste en que debe ir acompañada doutras medidas.

Din os farmacéuticos que tamén hai demanda puntual da FFP3, aínda que só está aconsellada para grupos vulnerables e usos profesionais.

Debe comprobarse que teñen o marcado europeo e tamén entre as cirúrxicas pode escollerse o nivel de filtración.

Os virólogos recomendan adaptarse ás situacións: non é o mesmo o uso en exteriores ca en interiores concorridos. Insisten en que hai máis medidas que tomar, como a ventilación e a distancia social.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade