Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta o uso dos sensores de glicosa para pacientes diabéticos

Aumenta o uso dos sensores de glicosa para pacientes diabéticos

Na área sanitaria de Pontevedra hai máis de 500 usuarios e case 1.000 na de Vigo

G24.gal 16/09/2022 10:42

"Agora mesmo esta tecnoloxía é un salvavidas. Todo o mundo con diabetes merece tela porque axuda moitísimo". Así relata Steven Osborne como lle cambiou a vida o sensor de azucre que leva no brazo conectado a unha bomba de insulina. Detalla que o sensor que ten no brazo "conecta por bluetooth coa bomba de insulina e cada 5 minutos transmite os niveis de glicosa á bomba".

O sistema tamén funciona sen bomba de insulina. O sensor colocado na pel manda directamente a información a un lector ou ao propio teléfono móbil do usuario. No Hospital Montecelo de Pontevedra un equipo de profesionais especializados informa e asesora aos pacientes.

Carmen López é enfermeira experta en educación diabetolóxica: "Mentres (o paciente) leve o móbil ou o dispositivo de lectura con el, vai recibir o aviso de hipoglicemia ou hiperglicemia sen ter que mirarse. É un salvavidas. É un aviso de que chegamos a un nivel que xa baixa pero estás a tempo de corrixir comendo unha froita ou un iogur e que non teña ningún problema". 

Alina María Benarús é tamén educadora en diebetoloxía no mesmo departamento. Explica que grazas ao sensor "poden axustar mellor a insulina, as racións ou a cantidade de hidratos de carbono que toman". 

O uso destes dispositivos disparouse nos últimos dous anos grazas ao estaren financiados pola sanidade pública. Só na área sanitaria de Pontevedra emprégano máis de 500 pacientes e preto dun millar na de Vigo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade