Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta un 10 % a compravenda de produtos de segunda man

Aumenta un 10 % a compravenda de produtos de segunda man

O que máis se demanda son os produtos tecnolóxicos

G24.gal 07/10/2022 14:39

O movemento nas tendas de segunda man é constante. Levan anos á alza, pero nos últimos meses a demanda de produtos usados disparouse. "No último ano, arredor dun 10 % o volume de compra de produto en volume de venda", explica David Gómez Viéitez, responsable da tenda Loco Too.

O que máis se demanda son os produtos tecnolóxicos, pero mércase e véndese case de todo. Non son os únicos negocios que notaron esa tendencia na busca de alongar a vida dos produtos.

Diego Pena Rodríguez é o responsable dunha zapataría especializada na reparación de calzado deportivo. Di que xa rexistrou un incremento de todo tipo de encargas. "O traballo vai subindo, penso que debido á crise no país. A xente recupera calzado de hai 15 ou 20 anos e o zapato de calidade merece a pena recuperalo", reflexiona Pena.

Trátase dunha tendencia global que tamén se sente nas plataformas dixitais. Só o ano pasado, por exemplo, vendéronse máis de 225 millóns de teléfonos móbiles usados e agárdase que en 2024 se superen os 350 millóns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade