Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan as reservas pantasma en que os comensais non se presentan a comer

Aumentan as reservas pantasma en que os comensais non se presentan a comer

Nun establecemento de Ribadeo rexistraron ata 34 reservas deste tipo en vinte días

Os hostaleiros lamentan este comportamento, que lles supón unha perda económica importante

 

G24.gal 01/09/2023 20:25 Última actualización 01/09/2023 20:37

É un comportamento máis frecuente do que sería desexable. Neste establecemento rexistraron en 20 días 34 reservas para comer e logo os clientes non se presentaron.

Non é o único hostaleiro que sofre esta situación. Nalgúns negocios tratan de cubrir esta ausencia con clientes que acoden sen reserva, pero non sempre se pode facer. De cara ao futuro teñen previsto pedir unha fianza.

Este comportamento incívico xa ten resposta por parte dos tribunais. En San Sebastián un xulgado de primeira instancia penalizou os comensais que non se presentaron á reserva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade