Aumentan as vendas dos produtos para o magosto

En Ourense está xa todo preparado para celebrar unha das festas máis tradicionais

O sábado é o día do San Martiño, festivo en Ourense, e día en que poucos ourensáns quedarán sen festexar o magosto

G24.gal 08/11/2023 13:57

Ás portas do San Martiño, en Ourense, ultiman os preparativos para a celebración dos magostos.

Na cesta da compra non faltan desta vez nin a carne nin os chourizos nin, por suposto, as castañas. Ingredientes imprescindibles para a celebración do magosto.

O día grande da festa é o sábado, o propio día de san Martiño, festivo en Ourense, pero o certo é que a celebración dos magostos vaise espallar durante a fin de semana por toda a provincia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar