Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan as vivendas de aldea que se ofrecen como casa de uso turístico

Aumentan as vivendas de aldea que se ofrecen como casa de uso turístico

Permite converter unha segunda residencia nun negocio

Unha opción que aumenta as prazas de hospedaxe en lugares onde non existen aloxamentos

 

G24.gal 24/08/2022 20:43

Antes só viñan a esta vivenda ocasionalmente porque a familia ten outra na capital, así que esta emprendedora decidiuse a rexistrala como casa de uso turístico.

Dálle unha nova vida a esta casa. Durante quince días é a residencia desta familia de Alacante. Os hóspedes indican que se encontran coma na súa propia casa e que lles permite ter máis comodidades ca nun hotel.

Anima a chegada de visitantes, porque en moitas aldeas non hai posibilidade de aloxamento. Ao alugar a casa enteira, aumentan considerablemente as prazas. Ademais, permite a presencia de mascotas. Rexistrar a casa é sinxelo, pero botan de menos máis axudas, como unha exención fiscal que si teñen outro tipo de alugueiros. 

Unha posibilidade de facer da casa un negocio que cada vez é máis frecuente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade