Aumentan os accidentes provocados por condutores kamikazes que circulan en sentido contrario
Aumentan os accidentes provocados por condutores kamikazes que circulan en sentido contrario
Nas últimas 24 horas houbo dous, o máis grave en Logroño, coa morte dunha muller embarazada e o seu bebé
O máis recente foi esta mañá en Murcia, nel unha persoa resultaba ferida grave
Nos dous casos o condutor suicida deu positivo en alcol e drogas
Circulou durante 10 quilómetros en sentido contrario pola AP-68 cerca de Logroño. Ía bébedo e drogado. No quilómetro 124 esnafrouse contra un vehículo, nel viaxaba unha moza embarazada de oito meses que falecía horas despois no hospital xunto ao seu bebé, e a súa parella que resultou ferido grave. Hoxe pasaba a disposición xudicial. O detido é un home de 48 anos veciño de Navarra con antecedentes por alcoholemia.
Pero este non foi o único accidente cun condutor kamikaze das últimas 24 horas. Esta mañá en Murcia un deputado que se dirixía á Asemblea Rexional resultou ferido grave logo de que un vehículo chocara frontalmente contra o seu. O condutor kamikaze tamén deu positivo en alcol e drogas e xa está detido.
O alcol e as drogas, ou os descoidos de condutores maiores acostuman estar detrás deste tipo de accidente. Condutores suicidades difíciles de esquivar que provocan sinistros con consecuencias devastadoras. A maioría son accidentes graves, con vítimas mortais. Como este ocorrido en Meis en xuño e no que falecía unha persoa e dúas resultaban feridas graves.