Cargando resultados...
Unha avalancha de lodo e auga converte nunha lameira a parroquia de Toutón, en Mondariz
Unha avalancha de lodo e auga converte nunha lameira a parroquia de Toutón, en Mondariz
A zona está chea de regatos e escorrentías
G24.gal
30/12/2022 14:01
A contorna das tres casas afectadas pola riada aínda semella unha lameira malia os esforzos dos veciños que mesmo contrataron tractores e pas para limpar os accesos.
A gran cantidade de auga que caeu estes días embalsou no monte no lugar de Aboal na parroquia mondaricense de Toutón e acabou rebentando convertendo nun mar de auga e lama todo o seu percorrido.
Ocorreu na madrugada deste xoves e os danos aínda se perciben a simple vista. Ningún deles, nin sequera os maiores lembran nada semellante, aínda que hai vinte anos outra riada arrasara cun muíño nesta zona en que hai múltiples mananciais e correntes subterráneas de auga.