Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aviso laranxa por altas temperaturas na bacía do Miño en Ourense e Pontevedra

Aviso laranxa por altas temperaturas na bacía do Miño en Ourense e Pontevedra

Este mércores os termómetros baixarán un chisco grazas ao vento do nordés

G24.gal 23/07/2024 15:10

Fíxose agardar, pero chegou a calor, e con forza. Galicia vive este martes o día máis caloroso do verán, con varias zonas en aviso laranxa. Os termómetros poden chegar a superar na bacía do Miño en Ourense os 40 graos.

Fiestras abertas á primeira hora da mañá en Ribadavia. Loce o sol, pero a calor aínda é soportable. É o momento de sair á rúa ou facer traballos fóra.

Os termómetros poden chegar este martes ata os 41 graos aquí en Ribadavia, segundo a Aemet. O luns xa rexistraron 39.

O sur de Ourense, Valdeorras e a zona do Miño en Pontevedra están tamén en aviso laranxa con temperaturas que poden chegar aos 37 graos. Por riba dos 34 estarán nas Rías Baixas. 

Este mércores os termómetros baixarán un chisco grazas ao vento do nordés, pero a zona do Miño en Ourense continurá en aviso laranxa por altas temperaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos