Publicador de contidos
Publicador de contidos

Que é o raio bóla?

Que é o raio bóla?

É un fenómeno raro asociado a tormentas eléctricas, que puido divisarse esta semana no ceo galego

G24.gal 17/03/2023 14:15

 "Realmente non é un raio como os que estamos acostumados, senón que é como unha burbulla de plasma. As teorías máis recentes afirman que pode ser debida a cando impacta un raio, que xera unha radiación de microondas que queda atrapada nunha burbulla, digamos, e pode durar duns segundos ata un minuto. Esa bóla pode oscilar entre uns cantos centímetros ata un metro", explica Santiago Salsón Casados, coordinador da Área de Observación e Climatoloxía de Meteogalicia.

O fenómeno ao que chaman raio bóla, é un fenómeno raro, para que se produza primeiro ten que darse unha condición necesaria: unha tormenta eléctrica; e a iso, sumarse outras circunstancias. "

"Depende un pouco do tipo de chan, da enerxía do raio, en fin , non é moi habitual", engade Santiago Salsón Casados. 

Durante moitos anos os raios bóla foron tratados con certo escepticismo dende o mundo científico. Dito doutro xeito, que cando as testemuñas falaban de que avistaran esferas de luz no ceo, non se lles daba moito creto.

"Recentemente como moitos levamos móbiles, si que hai gravacións",  explica o coordinador.

Esta é unha das gravacións máis coñecidas do raio bóla. Existen aínda moitas incógnitas sobre el, pero aquí dá algunha pista. Coidado con achegarse porque produce queimaduras. O certo é que ao ver aproximarse este obxecto non identificado, o que pide o corpo é máis ben saír correndo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade