Publicador de contidos
Publicador de contidos

Axentes do Seprona localizan máis animais mortos nun presunto criadeiro ilegal en Oza-Cesuras

Axentes do Seprona localizan máis animais mortos nun presunto criadeiro ilegal en Oza-Cesuras

Apareceron os corpos de gatos e cans, algúns aínda cachorros, en estado de descomposición

Os axentes do Seprona procederon ao rexistro das instalacións baixo autorización xudicial

Exterior da vivenda onde se localizaba o criadeiro Exterior da vivenda onde se localizaba o criadeiro
G24.gal 31/08/2023 14:09

A voz de alarma saltaba a pasada fin de semana cando apareceron os restos de dous cans e outro en estado de abandono que deambulaba preto das instalacións do suposto criadeiro de cans border collie localizado na aldea de Vilar, no concello de Oza-Cesuras.

Este mércores axentes do Seprona accederon ao interior da vivenda para o seu rexistro baixo autorización xudicial. Alí atoparon un escenario arrepiante, cos corpos de varios gatos e cans, algúns aínda cachorros, en estado de descomposición. O lugar estaba tamén infestado de pulgas. Investígase á propietaria do criadeiro por un presunto delito de maltrato animal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar