As novas tecnoloxías axudan ás persoas invidentes no seu día a día
As novas tecnoloxías axudan ás persoas invidentes no seu día a día
Acaba de facer 70 anos e vive só no rural
Bota man de dispositivos por voz para poñer a funcionar a lavadora
Eladio Fernández recíbenos na súa vivenda de Vendas de Narón. Acaba de facer 70 anos e é invidente dende os 30, pero nin unha cousa nin a outra frean a súa inquietude por facer cousas novas.
Eladio Fernández: "Son unha persoa moi inquieta. Vou dúas veces a semana á piscina aprender a nadar, que foi un dos maiores retos da miña vida, e estouno conseguindo".
El é todo un defensor das novas tecnoloxías, coas que, di, hai que atreverse. Aparellos novos con funcións para invidentes son para el unha grande axuda. A súa última incorporación foi unha Alexa, un dispositivo co que a través da voz pode manexar a súa nova lavadora dixital.
Eladio Fernández: "A lavadora que tiña estragouse e dixéronme que había unha dixital que ía por voz, é un grande éxito. E teño un teléfono que tamén me fala e avísame cando terminou o programa".
Pequenos avances supoñen grandes pasos para persoas coma el; vive só no rural, pero é independente e non para de fixar novos retos.