Baile galego e danza contemporánea para retratar 'O que non se ve'
Baile galego e danza contemporánea para retratar 'O que non se ve'
Et Suseia Danza crea unha peza sobre o apoderamento feminino
Estréase o 28 de abril no Teatro Principal de Santiago
Na véspera do Día da Danza, a compañía Et Suseia estrea 'O que non se ve', un espectáculo que bebe tanto do baile tradicional galego como da danza contemporánea. A montaxe quere reflectir a loita e apoderamento das mulleres e mostrar loitas e micromachismos que ás veces aparecen ocultos.
En 'O que non se ve' participan profesionais tanto do ámbito contemporáneo como do tradicional. Iria Portos e Iria Calvar son as bailarinas en escena deste espectáculo coreografado por Gustavo Couto, Erick Pegueros e Diego Landín.
Gustavo Couto e Cristina Cotilla, os músicos que poñen música en directo ao espectáculo, explicaron no Diario Cultural como foi o proceso de traballo.