Cargando resultados...
Baiona, a tope de turistas que aproveitan as últimas horas na vila das Rías Baixas
Baiona, a tope de turistas que aproveitan as últimas horas na vila das Rías Baixas
Os hoteis de alta gama acadan rexistros do 100%
G24.gal
09/04/2023 14:37
Última actualización 09/04/2023 15:22
O alcalde de Baiona cifra a ocupación desta semana santa nun 10 % máis que a de 2022. Hai establecementos que funcionaron especialmente ben como o Parador, con rexistros do 100 %, e o Talaso Atlántico, na veciña Santa María de Oia, que tamén estivo ao 100% os días centrais da semana.
Noutros hoteis os datos son inferiores, pero a vila estivo chea, ata ela chegaron tamén turistas en barco, en autocaravana ou os que se aloxaron en vivenda turística.
Todos van contentos do clima e da gastronomía e moitos planean xa a próxima escapada mentres recollen as maletas.