Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baixa o consumo dos fogares, pero mantense o gasto

Baixa o consumo dos fogares, pero mantense o gasto

Segundo o informe anual de gran consumo da consultora Nielsen, o gasto en 2021 reduciuse un 2,8 %, pero compensouse coa suba dun 3 % na cesta da compra

A demanda de marcas brancas aumentou un 0,8 %

G24.gal 28/01/2022 14:01

No primeiro ano da pandemia, coa hostalería pechada e os cidadáns confinados, o consumo dos fogares disparárase un 6 por cento. Agora, ese consumo baixou, un 2'8 por cento, pero seguimos gastando o mesmo.

 "Cada paso parece que sobe máis, non sei onde imos chegar". "Para o que compra sempre está caro, e para o que vende sempre está barato", comentan dous consumidores.

A cesta da compra subiu un 3 %, o que máis, o aceite, a pasta, peixe e a froita.

"Comprei unha caixa de peixe conxelado que valía 20 euros e agora son 24". "Eu veño de comprar froita e nótase a suba tamén", din dous clientes da praza de abastos de Ourense.

Marcas brancas

Para reducir o gasto, os consumidores mudan hábitos. Aumentou a venda de marcas brancas, as dos distribuidores, un 0,8 %. A elas destinamos 4 de cada 10 euros de gasto.

"Cómproas moitas veces porque hai veces que son moi boas, outras non". "Hai cousas que che gustan dunha marca e, se a cambias, nótalo", din dúas clientas.

Tamén nos fixamos máis nas promocións. As grandes cadeas de distribución melloraron as súas cotas de mercado.

 "Quizais a alternativa máis interesante sería consumir produtos de proximidade", conclúe un cliente da praza de abastos.

En todo 2021, o gasto en produtos de gran consumo ascendeu en España a 95.000 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade