Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un veciño do Saviñao agride un gandeiro cunha machada na testa por un problema de lindes

Un veciño do Saviñao agride un gandeiro cunha machada na testa por un problema de lindes

A Garda Civil detivo o presunto agresor, un home de 72 anos da Broza

Comisáronlle seis armas de fogo e quedou en liberdade

A vítima tivo que recibir catro puntos de sutura na fronte

G24.gal 09/02/2022 14:04

Un gandeiro de 30 anos denuncia que un veciño o agrediu cunha machada tras unha lea por lindes.

O agredido creu morrer neste lugar da parroquia de Sobreda, no concello do Saviñao. Conta, fóra das cámaras por medo, que esta leira mercouna hai pouco e asegura que está rexistrada ao seu nome. Estaba estercándoa e colocando unhas estacas cando se achegou o detido advertíndolle que non tocara uns terreos que non eran da súa propiedade.

Asegura o mozo que o home mesmo o ameazou con dispararlle antes de baixarlle unha machada na testa. Quedou ensanguentado pero puido fuxir.

A Garda Civil detivo ao pouco dos feitos o agresor, de 72 anos, da parroquia da Broza, como presunto autor dun delito de lesións. No momento do arresto, os axentes comisáronlle seis armas de fogo pero quedou xa en liberdade en sede policial, sen pasar a disposición xudicial.

A vítima tivo que recibir na fronte catro puntos de sutura e presenta tamén feridas nas mans. Xa ten o caso nun avogado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade