Publicador de contidos
Publicador de contidos

O tempo será solleiro na fin de semana, aínda que baixan algo as temperaturas

O tempo será solleiro na fin de semana, aínda que baixan algo as temperaturas

Último día de temperaturas tan altas, pero fin de semana solleira e por riba dos 20 graos nalgúns puntos

Este venres as temperaturas nas Rías Baixas aínda poderían estar cerca dos 30 graos

G24.gal 22/03/2024 14:50

22 de marzo, a praia de Sanxenxo anímase por minutos. Estraña por estarmos no mes que estamos, pero non é de estrañar se pensamos que contra o mediodía xa pasaba dos 20 graos. E en ascenso. Algo que se repetía en moitos puntos do país. Últimas horas desta DINA de aire africano que nos está a deixar tempo moi caloroso. Hoxe aínda se poderán acadar nas Rías Baixas valores cerca dos 30 graos.

Ana Celia Vázquez de O tempo TVG di que "as temperaturas comezan a descender pero o descenso notarase máis na metade norte, sobre todo no litoral".

Un descenso de temperaturas de cara a unha fin de semana que, con todo, aínda aguanta. Engade Ana Celia Vázquez que "vai quedar unha fin de semana solleira, con temperaturas agradables a pesar do descenso de temperaturas. A outra variable que hai que ter en conta é o vento, tanto en terra con nordés como no litoral onde vai haber aviso amarelo tanto o sábado como o domingo, aínda quedarán temperaturas agradables de 23 ou 24 graos nas Rías Baixas pero serán máis morniñas na metade norte".

Así as cousas toca aproveitar, na praia, no campo ou na cidade porque este sol ten data de caducidade. Avisa Ana Celia que "o luns recordaremos o que fixemos o xoves ou o venres cando ía tanta calor".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos